Conversas (2015 - Presente)

A vida é o resultado dunha gran suma, lembranzas, xente, palabras, ideas, sitios, sentimentos… Estes traballos están a falar de pequenas e grandes sumas que nos debuxan.

A meirande parte destas obras comezan coa figura central e vermella dunha muller. Máis non en todas…

'Conversas', de Sabela Arias, no antigo Liceo de Betanzos (TVG, 19/09/2019)


Conversando

Cando falamos de vagar miles de imaxes aparecen na nosa mente, como se fosen novas, mais como se sempre estiveran aí. E marchan, vanse, foxen.... como ondas de historias que xa non son, pero que van e veñen dentro de nós.

Falar comigo, falar contigo, conversamos nun mundo que pasa axiña por todo, e facelo sen présa, sen medo, só polo pracer de falar.

E que as conversas son iso, unhas cores que traen eses detalles da vida e dos soños, que falan de fronte e que chegan a ti esperando que poñas esa palabra, para que a fagas túa.

Podemos falar de todo, ese é o plan.

Sen pretendelo as xentes que temos ben preto sempre aparecen, por veces tamén as lonxanas. Quen sabe se ese Atlántico que divide estas dúas terras se torne en regato que une as miñas murallas coas rúas de cidades infinitas.

No fin, conversas que fan que a levedade sexa parte de nós, como as bolboretas, as migracións, unha avarída, un golpe de estado, ou mesmo que bonito está hoxe o ceo.

De lonxe verás só cor, pero se te atreves a conversar, aparece un mundo no que ti e eu estamos, estamos como sempre falando.

Sabela Arias Castro