Biografía
Gustame pintar desde nena. Fun alumna de Clara López López, profesora de debuxo e artista, quen me achegou á arte desde a secundaria, tempo no que entro na escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos Ramón Falcón de Lugo. Logo diso licencieime na facultade de Belas Artes da Universidade de Salamanca, e os cursos de doutoramento na Universidade do País Vasco.
Fixen a miña primera exposición na miña cidade natal, Lugo, no 1988. Logo levei a miña obra por Galicia, e máis tarde por España e outros países, como Francia, Portugal, El Salvador,Bosnia Hercegovina, Estados Unidos e Holanda.
Traballei en proxectos de ilustración de contos para nenas e nenos, libros de poesía e historias como tamén cun abecedario en galego. Son a creadora de ¨historias de Icía e Avoa”, unha tira cómica que ha sido publicada semanalmente en El Correo Gallego desde setembro de 2006 á hoxe. Tamén publiquei viñetas noutros medios.