Daily landscape (2006-2015)
Work that celebrates the beauty of daily life, which recognizes the portrait of small things, normal gestures, not major events. In this series color is the protagonist, along with light and shadow.
Resúltame estraño buscar na miña biografía grandes acontecementos.
A vida é unha suma
de feitos cotiáns
que podendo parecer pequenos
son os importantes.
Un vestido a flores
que fala da primavera,
unha diadema vermella,
moscas verdes e gordas no parque.
Grava, xogos, amigas...
O sabor da mortadela aplastada no pan
para recuperar os folgos perdidos na piscina.
As canchas do recreo
con cheiro a goma da “pelota de reglamento”.
Equipos, xogos,
as cancións das excursións...
Os meus recordos son en días soleados,
e con mandilón do colexio.
O sabor do sangue dos xeonllos
e a incrible capacidade de repartir fanta en tres partes
exactamente iguais.
As cóxegas da noite
coa soa luz amarela que entraba desde o corredor...
O sabor a vómito nas viaxes
e o cartón recortado no conto de “Florecilla”
Bicos
apertas...
as decisións.
Lembro ese olor das castañas asadas en Betote,
da “Casa da Ronda”.
O tacto venoso das mans da avoa Aurora.
Os xogos de comba,
de risas, de ser adultas.
O sabor das filloas
as tardes de pandilla comendo pipas,
os primeiros bailes,
bicos adolescentes.
As decisións, o paso do tempo á lúa de Valencia.
A pintura
miles de follas garabateadas de soños
de escapadas
desbarrando sobre pintura.
O chorrear mollado de azul, do morado, de violeta...
As loitas e a primeiras intencións
de querer cambiar este mundo.
As viaxes
os soños de liberdade.
O medo.
Recordo como ulías a sangue
e o tacto dos teus ósos traspasando o meu corpo
e como cambiaches a vida
de todo o universo por min coñecido.
O sorriso sincero,
as tardes de lectura,
a hamaca.
Acontecementos nunca revelados nos libros de historia,
eu non teño certeza de que Xapón exista
pero podo determinar de forma exacta o marrón dos teus ollos.